top of page

Proceso

A continuación vas atopar unha explicación para cada unha das actividades que deberás realizar no apartado de recursos, presta atención ás explicacións e lograralas superar sen ningún problema. Moito ánimo terrícola!

Aprendendo sobre o Sistema Solar

Nesta páxina atoparás 15 fichas con definicións clave e cos datos más importantes que debes coñecer. Deberás botarlles un ollo para ter unha pequena introdución ao tema e probar a xogar para saber se estás aprendendo.​​

De planeta en planeta

Recoméndoche que vexas este pequeno vídeo de 20 minutos. Nel explicarán as características de todos os planetas que forman o Sistema Solar, polo que che proporcionará a información necesaria para levar a cabo as seguintes actividades.

Simulador espacial

Con este simulador poderás percorrer o espacio vendo os planetas e as estrelas dunha forma moi realista, polo que é de vital importancia que para lograr unha visión realista sobre o espacio exterior explores todos os planetas. 

Laberinto marciano

Neste xogo deberás mostrar os coñecementos aprendidos coas fichas de Quizlet e o video de YouTube dunha maneira un tanto peculiar, xa que terás marcianos perseguíndote. Deberás dirixir ao boneco cara a resposta correcta coas flechas do teclado. Ten coidado de que non te atrapen os marcianos!

Planetas desordenados

Nesta actividade deberás relacionar os planetas co lugar que ocupan segundo a súa proximidade ao Sol de xeito ordenado. Para isto terás que clicar primeiro no número e despois no planeta que ocupa esa posición.

Realidade Aumentada

Por último, deberás escanear o código QR ou premer nel para poder percorrer o Sistema Solar en realidade aumentada. Recorda que é preciso que teñas a aplicación de Metaverse descargada no teu dispositivo móbil.

bottom of page